Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 27 de decembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de urxente ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se indican, a prol da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 52.750).

De conformidade co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan pola instalación da liña eléctrica a 132 kV, Mera-Cedeira, dobre circuíto en 680 m, e simple circuíto en 13.700 m de lonxitude, nos concellos de Ortigueira, Cerdido e Cedeira.

A declaración de utilidade pública da devandita instalación, que foi outorgada con data 14 de xuño de 1994, leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1 do Decreto 2.619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio

que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no xornal La Voz de Galicia e nos taboleiros de edictos dos concellos de Ortigueira, Cerdido e Cedeira, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos nas adxuntas relacións, ós que se lles practicará notificación individual, cos que non foi posible o mutuo acordo, en igual prazo, conforme o artigo 16 do Decreto 2.619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros das devanditas relacións, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto, para tal efecto estará exposto o expediente cos planos de situación e parcelario da instalación nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña, en horas de oficina.

Cando os interesados neste procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou medio que permita ter constancia da recepción, a notificación farase conforme o artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro).

En todo caso, os propietarios afectados poderán solicitar a través deste organismo expropiante que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens, segundo o artigo 15 do Decreto 2.619/1966.

A Coruña, 27 de decembro de 1994.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña