Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 814

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (1/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos de que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteún de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 1/1994, seguidos por lesións en agresión, sendo denunciante María da Cruz Serafín, maior de idade e aparecendo como parte denunciada Juan Carlos Villasante Campos, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Juan Carlos Villasante Campos da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interpoñerá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a María da Cruz Serafín, a cal se encontra en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o cinco de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado