Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 814

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (187/1994-01).

Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 187/1994, por instancia de Regina Guardado Allo, contra Manuel Jesús Vila Suárez, nas actuacións do cal se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:

SENTENCIA:

Na cidade de Santiago de Compostela o trece de decembro de mil novecentos noventa e catro. Salvador P. Sanz Crego, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 187/1994, sobre insultos, no que foron partes como denunciante, Regina Guardado Allo, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, con domicilio na Rúa Nova de Abaixo nº 24-1-a, e como denunciado, Manuel Jesús Vila Suárez, maior de idade e actualmente en paradoiro descoñecido, dos que as circunstancias actuais figuran en autos, e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

DECISIÓN

Absolvo libremente a Manuel Jesús Vila Suárez da falta da que viña sendo obxecto de acusación neste procedemento e declaro de oficio as custas procesuais causadas en primeira instancia.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

E para que conste e sirva de notificación a Manuel Jesús Vila Suárez, expido e asino en Santiago de Compostela o vintesete de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado