Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 789

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 16 de xaneiro de 1995 pola que se outorgan nomeamentos de rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan (Sarria e sete máis).

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso entre aspirantes por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 25 de novembro de 1994 (publicado coa mesma data), e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do regulamento para a súa execución e 17 da Lei de réxime xurídico da Administración do Estado.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981 e os decretos da Xunta de Galicia 287/1993, do 10 de decembro; 291/1993, do 11 de decembro; 13/1994, do 20 de xaneiro, e demais disposicións autonómicas vixentes na materia, esta consellería, para prove-los rexistros da Propiedade vacantes, radicados no territorio desta Comunidade Autónoma, outorga os nomeamentos de:

-Francisco Javier Nieto González, nº de escala 894, aspirante para o rexistro de Sarria (Lugo).

-Juan José Morán Calero, nº de escala 895, aspirante nº 20, para o rexistro de Muros (A Coruña).

-Daniel Gómez Robles, nº de escala 900, aspirante nº 25, para o rexistro de Ribadavia (Ourense).

-Nuria Rosa Serna Gómez, nº de escala 902, aspirante nº 27, para o rexistro de Allariz (Ourense).

-Eva Mª Cascallana Meana, nº de escala 905, aspirante nº 30, para o rexistro de Viana do Bolo (Ourense).

-Santiago Aliaga Montiña, nº de escala 907, aspirante nº 32, para o rexistro de Ponte-Caldelas (Pontevedra).

-Ana Mª del Carmen Arias Romero, nº de escala 908, aspirante nº 33, para o rexistro de Bande (Ourense).

-Mª Mercedes Tormo Santonja, nº de escala 909, aspirante nº 34, para o rexistro da Fonsagrada (Lugo).

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións,

Laborais