Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 787

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 10 de xaneiro de 1995 pola que se anuncia a convotoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, das xerencias de atención primaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

0 Decreto 252/1994, do 29 de xullo, crea as xerencias de atención primaria da Comunidade Autónoma de Galicia e establece a súa estructura directiva.

Procede agora, en cumprimento das previsións contidas no dito decreto adapta-la situación actual á nova estructura directiva nel deseñada mediante o nomeamento, polo sistema de libre designación en convocatoria pública, do posto de máximo nivel da dita estructura que vén representada polo seu director xerente.

Por isto, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 3.1, do citado decreto 252/1994, do 29 de xullo

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, as prazas que

se indican no anexo da presente orde, pertencentes á estructura directiva das xerencias de atención primaria.

Segundo.-Poderán concorrer a elas os interesados que reúnan os requisitos previstos no artigo 3.1 do citado Decreto 252/1994, do 29 de xullo.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no das súas delegacións provinciais ou en calquera das direccións provinciais do Sergas, ademais de nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 40/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados deberán presentar, xunto coa solicitude, un «currículum vitae» e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que nel aleguen, ademais de xustifica-los requisitos ós que se refire o apartado segundo da presente orde.

Cuarto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podéndose declarar desertas todas ou algunha das prazas ofertadas.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1995.

José Manuel Romay Becaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais