Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 743

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de xaneiro de 1995 pola que se mofifican centros públicos de preescolar infantil e primaria/EXB, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistos os expedientes e os correspondentes informes das inspeccións educativas e as propostas das delegacións provinciais desta consellería na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Considerando que en tódolos documentos se xustifica a necesidade da variación da composición actual de determinados centros públicos.

Tendo en conta a necesidade de axusta-la composición xurídica á realidade funcional dos centros.

Esta consellería,

DISPÓN:

1º Crear, transformar ou suprimilos postos de traballo dos centros públicos que figuran no anexo.

2º Naqueles centros nos que supoña incremento de postos de traballo nalgunha área ou especialidade, ateranse ó establecido na Orde do 30 de marzo de 1992 (DOG do 21 de abril), modificado pola do 15 de novembro de 1994 (DOG do 7 de decembro).

3º A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria