Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 1995 Páx. 739

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de xaneiro de 1995 pola que se regula o réxime de concesión de subvencións ás federacións deportivas galegas, asociacións de entidades deportivas e agrupacións deportivas escolares comarcais ou de zona para 1995.

Coa finalidade de que as federacións deportivas galegas e asociacións de entidades deportivas poidan levar adiante o seu labor de promoción e desenvolvemento, e que as agrupacións deportivas escolares comarcais e de zona sigan a facilita-lo acceso a un deporte cotián nos centros de ensino, así como atende-lo desenvolvemento de competicións deportivas en idade escolar, os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia habilitan crédito dirixido ó cumprimento destes obxectivos.

Para tal fin,

DISPOÑO:

Artigo 1º

As subvencións que se regulan ó abeiro da presente orde atenderase con cargo á aplicación orzamentaria 04.04.355-A.480.00 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, cunha dotación económica de novecentos quince millóns de pesetas (915.000.000 de ptas.), e irán destinadas a:

A) Organización da actividade deportiva federada e doutras actividades de especial trascendencia social que contribúan á promoción deportiva.

B) Desenvolvemento de competicións e programas deportivos en idade escolar promovidos pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Artigo 2º

Poderán solicitar subvencións ó abeiro da presente orde:-Para as axudas ás que fai referencia o artigo 1º, apartado A: federacións deportivas, galegas e asociacións de entidades deportivas inscritas no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Para as axudas ás que fai referencia o artigo 1º, apartado B: agrupacións deportivas escolares comarcais ou de zona inscritas no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Artigo 3º

As solicitudes formalizaranse nos impresos oficiais, segundo os modelos que se xuntan á presente orde como anexo I, no caso das axudas ás que fai referencia o artigo 1º, apartado A, e anexo II, no caso das axudas ás que fai referencia o artigo 1º apartado B. Achegarase tamén:

* Para as axudas ás que fai referencia o artigo 1º, apartado A: proxecto valorado da actividade que se vai desenvolver en 1995, que deberá constar de:

A) Orzamento de ingresos totais da entidade.

B) Orzamento de gastos por programa.

-Programa I. Gastos xerais (luz, alugueiros, persoal, etc.).

-Programa II. Docencia/tecnificación (cursos, concentracións, publicacións, etc.).

-Programa III. Competicións/actividades. Farase constancia expresa dos campionatos e das accións concretas que se financiarán con cargo á subvención da Secretaría Xeral para o Deporte, así como da participación das seleccións galegas en campionatos oficiais.

-Programa IV. Axuda a clubes. Indicarase o número de entidades afiliadas e de licencias por categorías.

C) Distribución territorial do gasto por programas asignado a cada delegación.

* Para as axudas ás que fai referencia o artigo 1º, apartado B:

A) Proxecto da actividade que se pretende realizar.

B) Orzamento de ingresos e gastos da actividade.

As solicitudes presentaranse no rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. 15890 Santiago de Compostela), ou ben por calquera outro dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes rematará ós quince días hábiles, contados a partir do seguinte o da publicación desta orde no Diario Oficial de Calicia.

Artigo 4º

Unha vez recibida a documentación das solicitudes de subvención, a Secretaría Xeral para o Deporte convocará a comisión avaliadora encargada de xulgalas, que estará formada polas seguintes persoas:

Presidente: subdirector xeral de Deportes.

Vocais: xefe do Servicio de Coordinación Deportiva.

Xefe do Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte na Coruña.

Xefe do Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte en Lugo.

Xefe do Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte en Ourense.

Xefe do Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte en Pontevedra.

Secretario: xefe da Sección de Programación e Actividades Deportivas.

Unha vez estudiadas pola comisión avaliadora as documentacións dos solicitantes, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá presentarlles ás distintas entidades os reparos ou suxerencias que crea necesarios para axustalas ós obxectivos desta orde, co fin de que se realicen as oportunas correccións nun prazo de dez días hábiles a partir da data de notificación.

Para a concesión das subvencións a comisión avaliadora terá en conta os seguintes criterios:

A) Para as axudas ás que fai referencia o artigo 1º, apartado A:

-Interese do proxecto valorado da actividade para 1995.

-Clubes e número de participantes nas distintas actividades, categoría e ámbito territorial.

-Distribución do gasto por programas a cada delegación.

B) Para as axudas ás que fai referencia o artigo 1º, apartado B:

-Participación nas competicións deportivas en idade escolar promovidas pola Secretaría Xeral para o Deporte.

-Obxectivos da actividade que se vai desenvolver.

-Duración e lugar onde se desenvolverán as actividades.

O presidente da comisión avaliadora, á vista da acta desta, elevará proposta ó secretario xeral para o Deporte para a resolución definitiva das subvencións.

Artigo 5º

A resolución das subvencións será notificada ós solicítantes nun período de tres meses, contados desde a finalización do prazo de presentación das solicitudes. Esgotado o dito prazo sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente (artigo 43.2º c, «a contrario senso», da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Artigo 6º

Os beneficiarios de subvención poderán recibir ata un máximo do oitenta por cento da contía concedida como pagamentos parciais. Para o seu cobro, as entidades remitirán á Secretaría Xeral para o Deporte certificación expedida polo seu secretario, co visto e prace do seu presidente, na que se faga consta-lo importe do pagamento que solicitan, coa relación detallada do gasto incorrido, segundo o proxecto aprobado, na que se especifiquen os perceptores, co número de CIF ou NIF, contía e motivo do gasto.

Para a percepción do resto da subvención, unha vez rematada a actividade, no prazo dun mes, os beneficiarios presentarán a memoria da actividade realizada e certificación expedida polo seu secretario, co visto e prace do seu presidente, na que se faga consta-la aplicación definitiva dos fondos. Na certificación especificaranse os preceptores, co número de CIF ou NIF, contía e motivo do gasto. Os xustificantes orixinais dos gastos deberán ser custodiados pola correspondente entidade e quedarán a disposición da Secretaría Xeral para o Deporte para posibles comprobacións.

As federaciéns deportivas galegas, en virtude do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de decembro de 1994, unha vez que sexan resoltas as subvencións que lles correspondan, poderán recibir, en concepto de anticipo de pagamento, o trinta e cinco por cento da contía outorgada. Xustificada a aplicación deste anticipo, mediante certificación

expedida polo secretario da federación, co visto e prace do seu presidente, na que se especifiquen os perceptores, co número de CIF ou NIF, contía e motivo do gasto realizado, segundo o proxecto aprobado, as federacións deportivas galegas poderán tramitar ata o corenta e cinco por cento da subvención en concepto de pagamentos parciais, ou ben proceder á liquidación total da subvención, para o que será de aplicación o sinalado nos dous parágrafos anteriores.

Artigo 7º

Obrigas das entidades ás que se lles concede subvención:

A) Comunicar á Secretaría Xeral para o Deporte a obtención de subvencións ou axudas para as mesmas finalidades, procedentes de calquera administración ou de entes públicos.

B) Non poderán modifica-lo programa aprobado da actividade subvencionada sen a expresa autorización da Secretaría Xeral para o Deporte.

C) A Secretaría Xeral para o Deporte poderá facer comprobación e control das actividades que se subvencionan con cargo á presente orde. Ademais poderá encarga-la realización de auditorías ou de verificacións contables ás entidades receptoras de subvencións, co aviso previo de quince días hábiles antes da data da realización.

Así mesmo, os beneficiarios de subvención quedan sometidos ás actuacións de control financeiro que lle correspondan á Consellería de Economía e Facenda e ás previstas na lexislación do Consello de Contas.

D) Emprega-lo distintivo do «Deporte Galego» da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en tódalas actividades e comunicacións que promovan.

Artigo 8º

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise o disposto nesta orde, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá anula-la subvención concedida, logo da audiencia do interesado. Neste suposto, o beneficiario non poderá solicitar outra subvención, mentres non sexa devolta a anterior no suposto de que fose anulada, de acordo co réxime previsto no artigo 78.5º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 9º

Nos aspectos non contidos na presente orde, haberá que aterse ó disposto no artigo 78º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e no artigo 35º da Lei 6/1994, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública