Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización na rampla Antolín, por instancia de Manuel Martínez Doce.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 13 de outubro de 1994, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización na rampla Antolín, por instancia de Manuel Martínez Doce, condicionado o informe do Servicio de Enxeñería de data do 12-4-1994 e depósito de garantía na cantidade de cinco millóns catrocentas oitenta e catro mil novecentas setenta e nove pesetas (5.484.979).

Sométese a información pública durante quince días, a partir do seguinte da publicación desta anuncio, no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, para que poida examinarse e achegar cantas alegacións coide procedentes no devandito prazo aquel que teña consideración de interesado.

Todo isto ó abeiro do art. 117.3 do texto refundido da Lei do solo.

Ourense, 21 de decembro de 1994.

O alcalde

Rubricado