Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 19 de decembro de 1994 polo que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública da aprobación inicial do P.E.P.R.I. do conxunto histórico-artístico de Lugo e a súa zona de influencia.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 9-12-1994, acordou aprobar inicialmente o plan especial de protección e reforma interior (PEPRI), do conxunto histórico-artístico de Lugo e a súa zona de influencia.

Conforme o prevido no artigo 116 a) da Lei do solo, sométese a información pública polo prazo de un mes, durante o cal poderá ser examinado no edificio da antiga Prisión Provincial (Rúa Ánxel López Pérez, esquina praza da Constitución), e presentarse as reclamacións ou suxerencias que se desexen.

Lugo, 19 de decembro de 1994.

Vº e Prace

Tomás Notario Vacas

Alcalde

P.D.

Vicente Pérez-Carro G.

Vicesecretario