Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 698

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (138/1994).

En virtude do acordado por este xulgado no xuízo civil executivo número 138/1994, seguido por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra Carlos Darío Arévalo Rodríguez e Carlos María Moreira Carrera. Por medio da presente cédula notifícaselle ó demandado rebelde Carlos María Moreira Carrera, que o dez de novembro de 1994, recaeu a sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Encabezamento: en Santiago de Compostela o dez de novembro de mil novecentos noventa e catro, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 138/1994, no que actuaron como demandante o Banco Central Hispanoamericano, S.A., con domicilio social en Madrid, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e asistido polo letrado Francisco A. Rodríguez-Gigirey Pérez e como demandados Carlos Darío Arévalo Rodríguez e Carlos María Moreira Carrera, maiores de idade, declarados rebeldes nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 273.920 ptas., de principal

e xuros, xuros moratorios pactados, custas e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 125.000 ptas.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación.

E para que sirva de notificación da mencionada sentencia ó referido demandado rebelde Carlos María Moreira Carrera e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1994.

0 secretario

Rubricado