Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 697

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (12/1993).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de menor contía número 12/1993, que no seu encabezamento e parte dispostitiva di literalmente:

«Sentencia:

En Santiago de Compostela, o vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e catro.

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos en xuízo de menor contía, seguidos perante este xulgado co número 12/1993, por instancia de Jesús Silva Costoyas, maior de idade, casado, industrial, veciño de Santiago, con domicilio no polígono do Tambre, rúa Edison, 24, representado polo procurador Cuns Núñez e coa asistencia técnica do letrado Lorenzo Vázquez, contra Jesús Mosquera González, maior de idade, industrial, veciño do Carballiño (Ourense), con domicilio en San Amaro, en situación procesual de rebeldía.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta pola representación de Jesús Silva Costoyas, contra Jesús Mos

quera González, debo condenar e condeno o mencionado demandado a pagarlle ó actor a cantidade de 1.190.112 ptas., máis os xuros legais da dita suma producidos desde a data do emprazamento, con imposición a el das custas.

Contra esta resolución poderase interpoñer neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe. E para que conte e sirva de notificación en forma ó demandado, en situación procesual de rebeldía, Jesús Mosquera González, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dezanove de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado