Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 693

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de axudantes técnicos da Xunta de Galicia, pola que se fan públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso das probas selectivas convocadas por Orde do 24 de febreiro de 1994, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, para o ingreso na escala básica de vixilancia pesqueira (grupo D) da Xunta de Galicia, e se anulan tres preguntas da primeira proba do primeiro exercicio da fase de oposición.

O tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de axudantes técnicos da Xunta de Galicia, escala básica de vixilancia pesqueira (grupo D), convocadas por Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 44, do 4 de marzo) dictou a seguinte resolución:

1.-De conformidade co disposto na base II.1.5. da convocatoria, fanse públicas as puntuacións obtidas na fase de concunso polos opositores de acceso pola quenda de promoción interna e aqueles de acceso libre ós que se refire a base II.1.2.1 daquela. As puntuacións estarán expostas a partir do mesmo día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral da Función Pública, delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e delegacións territoriais e comarcais desta consellería.

Contra estas puntuacións os interesados poderán formular reclamación diante do tribunal, con sede na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2.-Quedan anuladas as preguntas números 40, 41 e 42 da primeira proba (exame tipo test) do primeiro exercicio da fase de oposición, realizado o día 19 de decembro, por considerar que ningunha das respostas é correcta. Estas preguntas non se terán en conta á hora de corrixir este primeiro exercicio.

Santiago de Composlela, 13 de xaneiro de 1995.

A. Alejandro Alonso Pantoja

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE CULTURA,

COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO