Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 693

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 13 de xaneiro de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de subinspección pesqueira (grupo C), pola que se fai público o lugar, a data e a hora de celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

De conformodade co establecido na base II.3.4 da orde do 24 de febreiro de 1994, pola que se convocan probos selectivas para o ingreso na escala

de subinspección pesqueira da Xunta de Galicia (DOG nº 44, do 4 de marzo de 1994, corrección de erros no DOG nº 48, do 10 de marzo e DOG nº 53, do 17 de marzo), e por acordo do tribunal designado para a selección dos aspirantes ó ingreso na devandita escala, adoptado en sesión mantida o día da data, faise público o lugar, data e hora de celebración do segundo exercicio da fase de oposición, convocando os aspirantes na forma que a continuación se indica:

1.-O exercicio celebrarase o día 25 de xaneiro de 1995, ás 16.30 horas, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de documento nacional de identidade e material de escritura.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1995.

Amancio Landín Jaraiz

Presidente do tribunal