Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 692

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1995 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o ano 1995 ós préstamos subvencionados dos convenios en vigor de axuda financeira ás Pemes.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes asinados coas entidades financeiras durante os anos 1986 a 1991, os tipos de xuro dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios, serán variables por anos naturais. Para os acollidos ós convenios dos anos 1992, 1993 e 1994 estableceuse un sistema de variación do tipo de xuro para exercicios futuros cunha periodicidade semestral.

Así mesmo, a Resolución do 17 de marzo de 1988, da Dirección Xeral de Tributos e Política Financeira

(DOG nº 77, do 25 de abril de 1988) dispón que ante a evolución do medio financeiro e a dinámica establecida nas variacións dos tipos de xuro, e co fin de adecua-lo custo dos créditos para os beneficiarios dos préstamos subvencionados ós prezos do mercado de cada ano, a Consellería de Economía e Facenda, segundo o establecido no texto dos correspondentes convenios de colaboración coas entidades financeiras, fixará dentro do primeiro trimestre de cada ano en curso, os tipos de xuro vixentes para os préstamos de cada convenio.

Visto isto, e de conformidade coas entidades financeiras asinantes dos convenios e en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximo que se aplicarán durante o ano 1995, para os préstamos en vigor dos convenios dos anos 1986 a 1991, serán os seguintes:

Préstamos do convenio 1986: 13,83%.

Préstamos do convenio 1987: 12,83%.

Préstamos do convenio 1988: 12,65%.

Préstamos do convenio 1989: 12,30%.

Préstamos do convenio 1990: 12,80%.

Préstamos do convenio 1991: 12,80%.

Segundo.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o primeiro semestre do ano 1995, para os préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1992, 1993 e 1994, serán os seguintes:

Préstamos do convenio 1992: 10,05%.

Préstamos do convenio 1993: 9,60%.

Préstamos do convenio 1994: 9,60%.

Terceiro.-As entidades financeiras deberán comunicarlles ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación no tipo de xuro.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego

de Promoción Económica