Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 686

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a ampliación de unha unidade do 2º ciclo de educación infantil ó centro privado San Fermín, de Vigo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado San Fermín de Vigo no que solicita a ampliación de unha unidade do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación, pola Unidade Técnica de Construccións e pola Oficina de Supervisión de Proxectos.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1.004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1.004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil.

Esta dirección xeral resolveu:

Autorizarlle a ampliación de unha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento dela, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1.004/1991.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO QUE SE CITA

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Travesía de Vigo, 100.

Denominación: San Fermín.

Titular: Colexio San Fermín, S.L.

Nivel: Educación Infantil 2º ciclo.

Unidades de que constaba: 2 de educación preescolar-párvulos.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 3.

CONSELLERÍA DE CULTURA,