Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a licitación mediante concurso público dun seguro colectivo de accidentes no mar.

Esta dirección xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público para a contratación da dun seguro colectivo de accidentes no mar.

Orzamento de contratación: 130.000.000 de ptas.

Prazo de execución: un ano, prorrogable nos termos expresados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Fianza definitiva: 2.600.000 ptas.

Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e de especificacións técnicas, que poderán examinarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, rúa de Sar nº 75 (Santiago de Compostela), así como nas súas delegacións territoriais durante o prazo de presentación de proposicións e de 9 a 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, en sobres pechados, que indicarán exteriormente o concurso a que se opta e a identificación da empresa.

En caso de optar por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase antes da data e hora de finalización de proposicións unha comunicación en forma de telegrama, télex ou fax á Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras indicando a súa presentación, e identificando o nome e enderezo da empresa licitante.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día da publicación desta resolución no DOG, e rematará o vixésimo día hábil.

Documentación que presentarán os licitadores: a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do segundo día hábil contado a partir da data de remate de presentación de proposicións, salvo en caso de que coincidise en sábado, no cal se trasladaría ó inmediato hábil seguinte, na sala de Xuntas da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras na rúa de Sar nº 75 (Santiago de Compostela).

Os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1995.

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras