Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.217 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Eléctrica de Valdriz. A Gamela, Praia de Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).

Finalidade: mellora da subministración eléctrica na Pobra de San Xulián, no concello de Láncara.

Orixe da liña: na L.M.T. de Valdriz-Moscán.

Final: nos C.T. Colexio e C.T. Tranquilo.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, de 140 metros de lonxitude, con apoios de formigón, con cable LA-56, entronque aéreo con enlace no poste nº 5 da liña de media tensión Valdriz-Moscán e o C.T. contables unipolares de 15/25 kV, de 1x95 mm de aluminio con designación UNE-RHV.

Orzamento: 3.291.523 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 1 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo