Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Peticionario: Eléctrica de Valdriz. Rúa A Gamela, Praia de Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).
Finalidade: mellora da subministración eléctrica nos lugares de Santa Cruz e Albaredo, no concello do Páramo.
Orixe da liña: C.T. Pobra de Abaixo.
Características: rede de baixa tensión, 380/220 V, en apoios de formigón, sección de cable 3x95 Al/54,6 e de 3x25/54,6 para dar servicio ós lugares de Santa Cruz e Albaredo no concello do Páramo.
Orzamento: 398.898 ptas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.
Lugo, 1 de decembro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo