Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 628

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 6/1995, do 18 de xaneiro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da presidencia durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a Bruxelas, cómpre prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DlSPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Bruxelas, encárgaselle o despacho de asuntos da presidencia, desde o día dezanove de xaneiro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente