Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 628

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 288/1994, do 30 de setembro, polo que se crea o premio das letras e das artes de Galicia.

Advertido erro no Decreto 288/1994, do 30 de setembro de 1994, publicado no DOG nº 198, do 13 de outubro de 1994, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 6.765, artigo 4º, no apartado nº 1, debe engadirse:

«Un representante da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario».

-Na mesma páxina, onde di: «O director xeral de Cultura, que actuará como secretario, con voz e sen voto».

Debe dicir: «O director xeral de Cultura, que actuará como secretario, con voz e voto».