Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 1995 Páx. 624

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTUR A CORUÑA

ANUNCIO.

Anuncio de convocatoria do concurso das obras de construcción da primeira fase do parque empresarial de Ordes.

Orzamento total: 126.143.541 ptas.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestur, sitas na Ronda de Nelle, 12 bis, 1º da Coruña de 10 a 14 horas, de luns a venres a partir do día 15 de xaneiro de 1995.

As proposicións económicas e demais documentación para concursa-las empresas que resulten admitidas conforme establece o prego de bases, deberán ser representadas nas oficinas de Xestur antes das 12 horas do día 30 de xaneiro de 1995.

A apertura das proposicións económicas efectuarase o día 15 de febreiro de 1995, na sala de xuntas de Xestur.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 11 de xaneiro de 1995.

Iván Bértolo Cadenas