Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 1995 Páx. 624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1994 pola que se anuncia a incoación de expedientes sancionadores a adxudicatarios de vivendas de promoción pública. (Expediente VP-PO-002/1994 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas que se citan a continuación a incoación de expediente sancionador por posible infracción do réxime legal que regula as vivendas de protección oficial.

Así mesmo, desígnase instructor e secretaria do expediente a Xabier López-Acevedo Revilla e Marta Fernández Torquemada, respectivamente. O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1994.

José Antonio Gil Sotres

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e

Solo