Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 1995 Páx. 622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-240-1994.2 (Incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-240/1994.2) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de setembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3.769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a José Luis Díez Yáñez e secretario a Santiago Camarero Merino podendo recusalos en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se lle notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte o da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente, é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste Servicio de D.C.I.F. sito en Salcedo-Cbanas (Pontevedra).

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 22 de decembro de 1994.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra