Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 1995 Páx. 621

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (188/1994).

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela,

Fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo executivo, baixo o número 188/1994, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador García-Piccoli, contra Constantino Vázquez Muinelo e María Edelmira Balado Sixto, con domicilio na rúa Virxe de Fátima, número 42, e na rúa Lamas de Abade, número 81, respectivamente, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse, para que teña lugar o remate en primeira poxa, o vindeiro día 1 de marzo, ás 11.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 20.462.835 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 27 de marzo, ás 11.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 21 de abril, ás 11.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente o procedemento seguinte: 1584-17-0188/94, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados están suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningun outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito de demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego cerrado.

Oitava.-En caso de que houbese de suspenderse calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que lle corresponda ó mellor postor, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o pedise o acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros postores e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa:

Vehículo Renault, modelo R-11 TXE, gasolina, matrícula C-3106-AC. Valorado en 300.000 pesetas.

-Casa de planta baixa de cinco áreas e unha centiárea e piso con terreo e alpendres anexos. Inscrito no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, no folio 193, libro 153, tomo 1127, predio 17373, situado na rúa Virxe de Fátima, número 42, parroquia de Nosa Señora de Fátima do Castiñeiriño, en Santiago de Compostela. Valorada en 20.162.835 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o vinte de decembro de mil novecentos noventa e catro.