I.-Obxecto e orzamento: a adquisición, instalación e posta en marcha do equipamento informático para instalar nas direccións provinciais da Coruña e Pontevedra de tarxeta individual sanitaria por un orzamento de 18.000.000 de ptas., IVE incluído.
II.-Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público deberán ser entregados no prazo de un mes contado a partir da formalización do contrato.
III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada na Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos e Xestión Económica, en días laborables desde as 9 horas ata as 14 horas.
IV.-Fianzas: o 2% do orzamento de licitación (360.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo 112 da Lei de contratos do Estado, e 340 do seu regulamento. Constitución da fianza definitiva: ver punto 12.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
V.-Clasificación: os licitadores deberán presentar certificado de clasificación sempre que o importe da subministración exceda a cantidade esixida pola Lei de contratos do Estado.
VI.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo día hábil, contado a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.
VII.-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida no acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
VIII.-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1994.
P.A.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Subdirector xeral de Orzamentos e Xestión
Económica