Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da resolución do expediente sancionador I-74/1994 (Incendios Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401,

de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo de un mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 9 de decembro de 1994.

Manuel Abeledo López

Delegada provincial de Pontevedra