Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 569

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/2482/1994, interposto por Javier Bandín Diéguez.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 1/2482/94, interposto por Francisco Bandín Diéguez contra a resolución do 28 de xullo de 1994, desta dirección xeral, sobre a non continuación de concurso-oposición, convocado por edicto da Deputación Provincial de Ourense do 9 de decembro de 1992 (DOG nº 13, do 21 de xaneiro), para a provisión dunha praza de médico especialista en neurocirurxía no hospital Santa María Madre de Ourense.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade, co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1994.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos