Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1994, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0002333/1994, interposto por Encarnación Rubio Escalona.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0002333/1994, interposto por Encarnación Rubio Escalona contra Resolución do 13 de outubro de 1994 que desestima a petición da recorrente sobre aboamento de diferencias retributivas entre os complementos de destino e específicos de xefe de sección.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64

da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1994.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública