Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 1995 Páx. 540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

ANUNCIO de poxa.

1. Obxecto.-De conformidade co acordado polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 29 de decembro de 1994, anúnciase poxa para as obras de pavillón polideportivo San Valentín, 3ª fase, segundo proxecto redactado polo arquitecto Francisco Iglesias Miño.

2. Orzamento.-67.705.910 ptas.

3. Prazo de execución.-Tres (3) meses.

4. Fianza provisional e definitiva.-Provisional: 1.354.118 ptas., e definitiva o 4% do orzamento total de obra.

5. Prego de condicións.-Rexe para este contrato o prego de condicións aprobado pola corporación municipal en sesión do 5 de decembro de 1989.

6. Proposicións.-Presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

Don/Dona ..., con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., con DNI ou CIF número..., e con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono...), toma parte na poxa convocada polo Concello de Fene e publicada no... dos días..., para a execución das obras comprendidas no proxecto de... e para tales efectos fai constar:

1.-Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas en relación co tipo de licitación.

2.-Que coñece e acepta cantas obrigacións se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3.-Que xunta nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 199...

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

7. Clasificación do contratista.-Grupo C, subgrupos 3, 4, 6, 7, 9; categoría «c».

8. Presentación de plicas.-No rexistro xeral do Concello, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de 20 días hábiles, computables desde o seguinte á última inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia segundo resulte.

9. Apertura de plicas.-Na sala de comisións, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación de plicas.

Fene, 30 de decembro de 1994.

Xosé Mª Rivera Arnoso

Alcalde