Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 1995 Páx. 539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, das obras de mellora da capa de rodadura de camiños da zona de concentración parcelaria de Andabao e outros, concello de Boimorto, A Coruña, e catro máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa con admisión previa:

Obxecto.-Contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acorde cas proxectos e pregos aprobados para a mesma. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional.-Exenta.

Fianza definitiva.-4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos. O proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición.-A proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións.-As proposicións serán entregadas no Rexistro Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 13 de febreiro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 17 de febreiro de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación.-Serán por conta dos adxudicatarios.

1. Mellora da capa de rodadura de camiños da zona de concentración parcelaria de Andabao e outros (concello de Boimorto, A Coruña): X-2945. (Número 130).

Orzamento: 23.946.665 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

2.-Mellora de capas de rodadura de camiños en Benquerencia (Barreiros, Lugo): X-3002. (Número 131).

Orzamento: 26.836.694 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

3.-Acondicionamento e mellora de camiños en Prevesos, Castro de Rei (Lugo): X-3000. (Número 132).

Orzamento: 19.682.473 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasifcación: non é necesaria.

4.-Construcción do camiño de acceso ó cemiterio e acondicionamento do aparcamento en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra): X-2781. (Número 133).

Orzamento: 15.010.759 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: non é necesaria.

5.-Mellora da capa de rodadura no camiño de Cruz de Novas-Becerros e outros no concello de Cerdido (A Coruña): X-3222. (Número 134).

Orzamento: 27.811.874 ptas.

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Conselleria de Agricultura,

Gandería e Montes