Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 1995 Páx. 496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

EXPOSICIÓN pública da modificación das normas subsidiarias de planeamento.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día vinte do mes actual, aprobou, con carácter inicial, o expediente de modificación das normas subsidiarias de planeamento na zonas de Catro Ventos. Este expediente exponse ó público polo prazo de un mes para exame e reclamacións, de acordo co establecido no artigo 114 do texto refundido da Lei do solo e ordenación urbana. De non presentarse reclamacións no mencionado prazo, esta aprobación inicial entenderíase elevada automaticamente a provisional.

Monforte de Lemos, 26 de decembro de 1994.

José Castiñeira Puente

Alcalde