Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 1995 Páx. 496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 5 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se somete ó trámite de información pública o levantamento de actas previas correspondente ó expediente 3.765 A.T.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 352/1994 (Diario Oficial de Galicia nº 234 do 5-12-94) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 12-4-94, faise saber a tódolos afectados pola execución dos proxectos que a seguir se indican, propiedade da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio na Coruña, r/ Fernando Macías, 2.

-Liña eléctrica aérea 132 kV subestación de Sarria-Sub. do Corgo (expediente 3.765 A.T.), que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 12-4-94 e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta delegación provincial, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírtese os interesados afectados, que serán ademáis notificados individualmente, sinalándolles dias e hora para o levantamento das actas que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levanta-las mesmas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 5 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo