Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 1995 Páx. 493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1994 pola que se adxudica unha axuda á investigación en materia de admimistración local.

A Escola Galega de Administración Pública convocou por resolución do 24 de novembro de 1994 (DOG nº 234, do 5 de decembro) unha axuda á investigación en materia de administración local para a execución de tarefas desta natureza na EGAP.

O tribunal cualificador para a adxudicación desta bolsa, na súa reunión do 22 de decembro de 1994, baremou tódalas solicitudes e propuxo a adxudicación en favor da que obtivo a maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e á vista da proposta do tribunal resolvo outorgarlle a axuda á investigación en materia de administración local a Pablo Rodríguez Rodríguez, que conseguiu unha puntuación de 59,25 puntos.

Contra esta resolución cabe interpoñer no prazo de un mes recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (art. 114.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso-administrativo contra a resolución do devandito recurso ordinario.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1994.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública