Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 1995 Páx. 488

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 2 xaneiro de 1995 pola que se establecen axudas para mantemento e promoción de actividades para entidades de iniciativa social que desenvolvan o seu labor no eido socio-familiar.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, asígnalle á Comunidade Autónoma competeneia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, inclúe no seu artigo 5.3, como unha das áreas de actuación, os servicios de familia, infancia e mocidade, atribuíndolle o Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, á Consellería de Familia, Muller e Xuventude as competencias neste sector.

A Lei ll/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario, establece nos seus artigos 78 e 79 o réxime xeral de concesión de axudas e subvencións con cargo os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, normativa a que, en consecuencia, se adaptará a presente orde, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia, e os demais requisitos esixidos na Lei de orzamentos xerais da Comunidade galega para o ano 1995.

Con este fin, na devandita lei de orzamentos, nas aplicacións 14.02.212A.484.20, 14.02.212A.484.30, 14.02.212D.484.10 e 14.02.212D.484.20 existe partida orzamentaria consignada para as axudas que se establecen no articulado da presente orde.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Constitúe o obxecto da presente orde de convocatoria a concesión de axudas económicas para mantemento e promoción de actividades para aquelas entidades de iniciativa social que desenvolven o seu labor no ámbito socio-familiar, nas áreas de familia, infancia e menores.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán solicita-las subvencións reguladas na presente orde as entidades de iniciativa social que sexan tilulares de centros de atención no sector socio-familiar ou realicen actividades de promoción no devandito eido, sempre que se encontren inscritas no rexistro de entidades prestadoras de servicios sociais desta consellería, creado polo Decreto 95/1994, do 8 de abril.

Artigo 3º.-Tipos de axudas.

Os tipos de axudas que se poderán solicitar son os seguintes:

a) De mantemento.

-De asociacións e outras entidades de iniciativa social.

-De centros socio familiares entendendo como tales aqueles centros de atención a colectivos necesitados e que desenvolven funcións de participación e promoción socio-familiar, constituíndo lugares de encontro que faciliten as relacións interpersoais e interxeracionais.

b) De promoción de actividades.

-Programas de carácter formativo ou científico.

-Programas de información, orientación e asesoramento familiar.

-Programas de educación familiar.

-Programas de fomento da convivencia interpersoal e interxeracional.

Artigo 4º.-Normas xerais sobre as subvencións.

a) Tanto para as subvencións de mantemento como de promoción de actividades, a subvención poderá significa-lo financiamento total ou parcial do gasto, sen que en ningún caso implique duplicidade, de tal forma que a suma das subvencións concedidas por todo tipo de organismos públicos, percibidas coa mesma finalidade, non supere o 100% do importe total do gasto efectuado.

b) As delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude poderán efectua-las comprobacións que consideren oportunas en canto ó cumprimento dos requisitos esixidos pola Lei de servicios sociais de Galicia ás asociacións de iniciativa social.

c) Aquelas asociacións de iniciativa social que tañan subscrito convenio de colaboración coa Consellería de Familia, Muller e Xuventude para o mantemento de centros de atención a menores, non poderán solicitar para este fin subvencións ó abeiro desta orde.

Así mesmo, quedan excluídas da presente convocatoria aquelas entidades de iniciativa social que exerzan actividades noutros sectores sociais distintos ós especificados no artigo 1 polas que poidan acceder a outras convocatorias desta consellería para os mesmos conceptos.

d) As axudas reguladas na presente orde poderán estar suxeitas á formalización dun convenio entre a entidade beneficiaria e a Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Artigo 5º.-Solicitude e documentación.

As entidades deberán presentar xunto coa solicitude (anexo I) a documentación que a continuación se relaciona:

1.-Documentos comúns a tódalas axudas.

a) Certificación bancaria da conta na que se ingresará, se é o caso, o importe efectivo da subvención.

b) Acreditación da personalidade e representación da entidade.

c) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

d) Declaración das subvencións ou axudas obtidas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou de entes públicos nacionais ou estranxeiros, ou negativa, se é o caso.

Aquelas institucións que soliciten subvencións por primeira vez, ou as que, aínda téndoa solicitada, sufran variacións estatutarias, deberán presentar ademais fotocopia compulsada dos seus estatutos ou das variacións efectuadas neles.

2.-Documentos específicos para cada tipo de subvención.

2.1.-Para subvencións de mantemento.

Memoria explicativa da entidade solicitante, na que consten, entre outros, os seguintes aspectos: o seu obxecto e fins, actividades que leva a cabo, persoal asalariado, se é o caso, formas de financiamento e orzamento solicitado.

En caso de ter centros dependentes que presten servicios no eido socio-familiar, deberá facerse constar, así mesmo, a identificación do centro; a súa descrición técnica, o tipo de beneficiarios atendidos, persoal do centro así como as súas fontes de financiamento.

2.2.-Para subvencións de promoción de actividades.

a) Programa pormenorizado das actividades que se pretenden realizar.

b) Orzamento desagregado dos gastos previstos, así como dos posibles recursos con que se conte para o seu financiamento.

c) Compromiso expreso de ceder a favor da Xunta de Galicia os dereitos dos resultados obtidos no caso de congresos, reunións científicas, estudios e publicacións, así como de presentar un informe destes.

Artigo 6º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes e documentación.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse, de conformidade cos modelos normalizados, nas delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou, sendo de aplicación en todo caso o disposto no artigo 38.4. da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 7º.-Tramitación dos expedientes.

1.-Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes as delegacións provinciais da consellería comprobarán que os expedientes reúnen tódolos requisitos recollidos na presente orde, e procederán a reclamarlles por escrito ós interesados os datos,

documentos e aclaracións que consideren necesarios para completa-lo expediente, co apercibimento de que, se así non se fixera no prazo de dez días, se arquivará o expediente sen máis trámite.

2.-Revisados os expedientes e completados, se é o caso, estas remitiránselle á comisión provincial ou central de valoración, segundo proceda, que terá a función de propoñe-la aprobación ou denegación das axudas o órgano competente.

3.-A composición das comisións de valoración será a seguinte:

a) Na esfera provincial:

Presidente/a: Xefe/a de servicio de familia, infancia e menores.

Vocais: Tres funcionarios da delegación provincial designados polo/a delegado/a, actuando un deles como secretario.

b) Na esfera central:

Presidenta: A directora xeral da Familia.

Vocais: Tres funcionarios designados pola conselleira por proposta da directora xeral, actuando un deles como secretario.

En ámbalas dúas comisións, poderá asistir, con voz pero sen voto, un representante da intervención competente.

Artigo 8º.-Resolución.

1.-A resolución das axudas, por proposta da comisión de valoración competente, e unha vez fiscalizada pola respectiva intervención, correspóndelles ós/ás delegados/as provinciais da consellería, salvo aquelas destinadas a subvencionar actividades que se vaian desenvolver no territorio de máis dunha provincia, que serán resoltas pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude, de acordo co Decreto 88/1990, do 15 de febreiro.

O prazo para resolver será, en todo caso, de dous meses. As solicitudes non resoltas en prazo teranse por desestimadas.

2.-As resolucións seranlles notificadas ós interesados, debendo ser motivadas as de carácter denegatorio.

3.-Así mesmo, o órgano competente poderá modifca-las devanditas resolucións se houbese alteración das circunstancias que serviron de base para o seu outorgamento.

Artigo 9º.-Pagamento e xustificación das subvencións.

1.-Unha vez dictada a resolución pola que se concede a subvención procederase ó pagamento e xustificación, da forma que se indica a continuación, agás nos casos nos que se establezan convenios, nos que se aplicará o que neles se sinale.

2.-As subvencións poderanse facer efectivas de conformidade co establecido na Lei de orzamentos xerais de Galicia para 1995 da seguinte forma:

Para aquelas que non superen o importe de un millón de pesetas poderá anticiparse ata un 80% da contía outorgada, librándose o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e demais condicións para a que foi concedida.

Nos demais casos poderá facerse efectivo o pagamento da axuda do seguinte xeito:

a) Un primeiro prazo do 50% da totalidade da subvención, no momento da súa concesión.

Para facer efectivo este anticipo deberá presentarse como medio provisional de xustificación unha certificación emitida polo órgano competente da entidade do inicio das actividades.

b) O 50% restante unha vez presentada pola entidade beneficiaria certificación acreditativa de que foi realizado un gasto igual ou superior á axuda concedida e que ela foi destinada ó fin outorgado.

Así mesmo, a entidade deberá presentar antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte, ante a delegación provincial respectiva, un balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o ano natural conforme o anexo II, así como unha memoria no caso de promoción de actividades. Cumprir este trámite considérase requisito previo para a concesión de subvencións nos exercicios seguintes.

Artigo 10º.-Outras obrigas das entidades subvencionadas.

As entidades subvencionadas deberán ademais:

a) Facer constar en todo tipo de publicidade e información a condición de subvencionada pola Conselleira de Familia, Muller e Xuventude.

b) Remiti-los informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da consellería.

c) Facilita-la inspección e control dos órganos competentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude sobre os seus centros e actividades, ademais do control financeiro por parte da Consellería de Economía e Facenda e as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas.

d) Acreditar ante a entidade concedente a realización da actividade e o cumprimento dos requisitos e das condicións que determine a concesión da axuda ou subvención.

Artigo 11º.-Revogación.

O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas na presente orde, así como a duplicidade de axudas con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado, da Seguridade

Social, Administración institucional, autonómica ou local, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, xunto cos xuros de demora, segundo o previsto no artigo 78.5 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposición adicional

A concesión de axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos para estes fins.

En todo caso, as actuacións que se van subvencionar deberán realizarse dentro do presente exercicio, agás as de promoción de actividades, para as que, en casos excepcionais e debidamente xustificados, abundará con que se inicien no presente exercicio debendo rematar, en todo caso, antes do 30 de xuño de 1996.

Disposicións derradeiras

Primeira.-

Autorízase a directora xeral da Familia para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude