Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 1995 Páx. 415

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de decembro de 1994 pola que se prorrogan 21 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.

A Orde do 19 de abril de 1994 (DOG nº 105, do 2 de xuño de 1994), e a Orde do 1 de agosto de 1994 (DOG nº 161, do 22 de agosto de 1994), polas que se convocan bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, prevén na súa base terceira a concesión de prórrogas ós bolseiros que presten a súa colaboración nalgún dos proxectos de investigación que se están realizando no centro.

A teor do sinalado na Orde do 2 de xuño de 1986 sobre «tramitación anticipada de expedientes de gasto» o gasto que se proxecta está condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos do exercicio do ano 1995 en trámite parlamentario.

Na súa virtude e de acordo cos informes presentados polos directores técnicos de cada proxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Concédeselle prórroga para desfrutar da bolsa durante un período de un ano, que se contará a partir do 1 de xaneiro de 1995, ás persoas que se relacionan no anexo á presente orde.

Artigo 2º

A contía das bolsas durante o período de prórroga será de 122.000 ptas. mensuais, segundo o establecido na base segunda das mencionadas ordes de convocatoria.

Artigo 3º

A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1994.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Nome dos beneficiariosPeríodo de desfrute:

Álvarez Lugrís, Alberto1-1-1995 ó 31-12-1995

Anido Silvosa, Mª Xesús1-1-1995 ó 31-12-1995

Araújo García, Mª Teresa1-1-1995 ó 31-12-1995

Diz Gamallo, Mª Inés1-1-1995 ó 31-12-1995

Domínguez Alberte, Xoán Carlos1-1-1995 ó 31-12-1995

Eguizábal Gándara, Begoña1-1-1995 ó 31-12-1995

Fernández Pérez, José Luis1-1-1995 ó 31-12-1995

González Fernández, Mª Fe1-1-1995 ó 31-12-1995

González Rey, Mª Isabel1-1-1995 ó 31-12-1995

Magán Abelleira, Fernando1-1-1995 ó 31-12-1995

Martínez Fustes, Mª Xesús1-1-1995 ó 31-12-1995

Monteagudo Cabaleiro1-1-1995 ó 31-12-1995

Regueiro Cuba, Armando1-1-1995 ó 31-12-1995

Rodiño Caramés, Ignacio1-1-1995 ó 31-12-1995

Rodríguez Castaño, Mª Carmen1-1-1995 ó 31-12-1995

Rodrigues Esteves, Amelia1-1-1995 ó 31-12-1995

Ron Fernández, Xosé Xabier1-1-1995 ó 31-12-1995

Santos Paz, José Carlos1-1-1995 ó 31-12-1995

Sierra Veloso, Xurxo1-1-1995 ó 31-12-1995

Soto López, Mª Isabel1-1-1995 ó 31-12-1995

Varela Sieiro, Jaime1-1-1995 ó 31-12-1995

Vázquez Grandas, Mª del Pilar1-1-1995 ó 31-12-1995