Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 1995 Páx. 415

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de decembro de 1994 pola que se lle dá publicidade ó acorde plenario da Deputación Provincial de Ourense relativo á forma de cobertura dun posto de traballo reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Visto o acordo plenario de data 29 de setembro de 1994, da Deputación Provincial de Ourense relativo á modificación da forma de provisión do posto de Secretaría Xeral reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido nos artigos 9 e 27 do R.d. 1.732/1984, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o Decreto 216/1994, do 7 de xullo,

DISPÓN:

Darlle publicidade ó antedite acordo da Deputación Provincial de Ourense relativa á modificación da súa relación de postos de traballo no sentido de que a forma de provisión do posto de secretario xeral será a de libre designación.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1994.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública