Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 159/1994).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: a L.M.T. subterránea desde a sub. Salvaterra ata o apoio nº 1 da L.M.T. aérea proxectada Salvaterra-Meder; a L.M.T. aérea desde a L.M.T. proxectada ata o apoio 172 da L.M.T. existente Ramal-Cebreiros.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración de enerxía eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 100 m de lonxitude con conductor RHV. L.M.T. aérea, a 20 kV, de 3.286 m de lonxitude, con conductores LA-110 e apoios de formigón.

Orzamento: 11.560.000 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, núm. 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 1 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra