Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.211-A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA). Rúa Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Situación: Bosende-Lugo.

Finalidade: mellora-la subministración de enerxía eléctrica en Bosende-Lugo.

Características principais: liña de media tensión 20 kV, de 15 metros de lonxitude, con conductores

LA-56 de 55 mm de sección torres metálicas tipo C segundo RU-6704-A. Centro de transformación de 100 kVA, 20 kV/380-220 V. Liñas de baixa tensión, con conductores R.Z./25-50-95, apoios de formigón ou grampados en fachadas.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 15.192.344 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, r/ Pascual Veiga, 12-14, e formulárense ó mesmo tempo as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 22 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo