Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 393

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente A.T. 78/1994).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar unha L.M.T., un C.T. e R.B.T. en Ansemil, concello de Silleda, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Unión Fenosa, S.A. a instalación de unha L.M.T., un C.T. e R.B.T. en Ansemil, concello de Silleda.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 15 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra