Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 392

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Financiera Maderera, S.A., no concello de Santiago de Compostela (A Coruña) e se lle concede á dita empresa a condición de autoxerador eléctrico (Expediente nº 36/1994).

Financiera Maderera, S.A. (FINSA), con domicilio para efectos de notificacións en Formarís, estrada A Coruña-Santiago, km 57, solicitou autorización administrativa para a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica e concesión da condición de autoxerador eléctrico, co obxecto de acollerse ós beneficios previstos no Real decreto 872/1982, do 5 de marzo, sobre tramitación de expedientes de solicitude de beneficios creados pola Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía, xuntando o preceptivo anteproxecto da instalación e o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e do aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas, de acordo co esixido no Decreto 2.617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas e no Real decreto 907/1982, do 2 de abril e orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo do mesmo ano, sobre fomento da autoxeración de enerxía eléctrica e normas para a obtención da condición de

autoxerador eléctrico, respectivamente.

A devandita planta de coxeración situarase nos terreos da factoría que FINSA posúe en Santiago de Compostela (A Coruña), a cal se dedica á fabricación de aglomerado de madeira.

Resultando: que de conformidade co establecido no citado Decreto 2.617/1966, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, dictou resolución de data do 11 de abril de 1994 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación da referida planta de coxeración, que foi publicada no DOG do 21-6-1994 e no BOP da Coruña do 7-6-1994, non presentándose no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Resultando: que a planta de coxeración da que se solicita autorización administrativa ten as seguintes características técnicas básicas:

-Catro motores de combustión interna de fuel oil, de 6.750 kW de potencia cada un.

-Catro xeradores eléctricos de 8.140 kVA de potencia cada un.

-Aparellaxe eléctrica de protección, mando, sinalización e medida.

Resultando: que a autorización administrativa da devandita planta de coxeración e mailo outorgamento da condición de autoxerador eléctrico á entidade mercantil solicitante están informados favorablemente polo facultativo habilitado para o efecto e polo delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Considerando: que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente de acor

do co Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2.563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo de 1982, sobre obtención da condición de autoxerador eléctrico.

Considerando: que a documentación aportada reúne os requisitos sinalados polo Real decreto 907/1982, do 2 de abril, sobre fomento da autoxeración de enerxía eléctrica, e pola mencionada orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo de 1982, en canto á obtención da condición de autoxerador eléctrico.

Esta dirección xeral

RESOLVE:

1) Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Financiera Maderera, S.A. (FINSA), que se vai situar nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Santiago de Compostela (A Coruña).

2) Outorga-la concesión da condición de autoxerador eléctrico, a cal se condiciona á subscrición do convenio a que fai referencia o apartado terceiro do punto 2.3 da sinalada orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo de 1982.

O promotor deberá presentar perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo de un ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión, de acordo co sinalado na orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 5 de setembro de 1985. Excepcionalmente poderá concederse unha prórroga a este prazo por causa debidamente xustificada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo de un mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1994.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria