Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 389

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de decembro de 1994 pola que se readscriben a postos de traballo desta consellería os funcionarios de libre designación afectados polas modificacións derivadas do Decreto 232/1994.

Vistas as modificacións derivadas da aplicación do Decreto 232/1994, do 14 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que afectan á denominación e ó contido de diversas subdireccións xerais e servicios deste departamento.

Esta consellería, por proposta da Dirección xeral de persoal, e de conformidade coa autorización establecida na disposición transitoria única do citado Decreto 232/1994,

RESOLVE:

Primeiro.-Readscribi-los funcionarios de libre designación que se relacionan ós postos de traballo seguintes:

A) Subdireccións xerais:

-Subdirección Xeral de Programación e Estatística: Manuel Carlos González Díaz.

-Subdirección Xeral de Xestión Económica e Servicios: Francisco Martínez-Reboredo y Salvadores.

-Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento: Amparo Castaño Aguado.

-Subdirección Xeral de Ordenación Educativa: Beatriz González Dorrego.

-Subdirección Xeral de Centros: Luis Framil Álvarez.

-Subdirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos: Antonio Luis Reguera González.

-Subdirección Xeral de Universidades: Eleutino Álvarez Álvarez.

B) Xefaturas de servicios:

-Servicio de Programación: Jesús López Gontán.

-Servicio de Informática e Estatística: Miguel Ángel Pueyo Losa.

-Servicio de Xestión Económica, Control Orzamentario e Réxime Interior: Ruperto Vilar Reino.

-Servicio de Xestión dos Servicios Educativos Complementarios: Roberto Taracido Peiteado.

-Servicio de Profesorado de Educación Infantil e Primaria: José Fernández García.

-Servicio de Profesorado de Ensinanzas Secundaria e Especiais: José Luis Canosa Baldomir.

-Servicio de Ordenación e Innovación Educativa: Isabel Serna Masía.

-Servicio de Centros: Ricardo Pousa Rodríguez.

-Servicio de Xestión de Programas Educativos: Emilio Tomás Filgueira Rico.

-Servicio de Ensinanzas Profesionais: José Fisteos Suengas.

-Servicio de Coordinación do Sistema Universitario: Juan José Lois Barcia.

-Servicio de Promoción da Investigación Universitaria: Benito Roberto Fernández Rodríguez.

-Servicio de Plans e Programas do Ensino da Lingua Galega: José Sánchez Paga.

-Servicio de Xestión e Promoción Lingüística: Víctor Manuel Cabrera Sánchez.

Segundo.-Estas readscricións teñen carácter provisional en tanto non se publique a relación de postos de traballo desta consellería.

Terceiro.-A presente resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1994.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria