Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 173/1994 (52.603)).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/l966, do 20 de outubro, sométense a información pública as solicitudes da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor RHV 12/20 de 3(1x150) mm Al, de 519 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Baiuca (expediente 52.510) e remate no C.T. centro de saúde.

Centro de transformación en centro de saúde, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 15/20/0,

380-0,220 kV do que parte rede de baixa tensión sobre apoios formigón e conductor RZ de 657 m de lonxitude. Arteixo.

Todas aquelas pesoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 28 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña