Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 157/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/l966, do 20 de outubro, sométense a información pública as solicitudes da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor RHV 12/20

kV de 2(3x1x240) mm Al, de 565 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o hipermercado Continente e remata en C.T. que se vai construír no centro comercial Ponte da Pedra.

Centro de transformación no dito centro, tipo interior de 630 kVA. A Coruña.

Todas aquelas pesoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 21 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña