Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de decembro de 1994, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción á vixente lexislación en materia de transportes terrestres e devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (XC-00818-O-94 e quince máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós denunciados, cos últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dentro do prazo de un mes contado a partir do dia seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa por transferencia bancaria, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.000.160-8 da Caixa Galicia, oficina principal da Coruña.

Para que conste, lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 13 de decembro de 1994.

A Coruña, 13 de decembro de 1994.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña