Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 250

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (225/1994).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas número 225/1994 se dictou requisitoria do teor seguinte:

Mediante esta requisitoria e no xuízo de faltas número 225/1994, deste xulgado, requírese e cítase a José César Moar Carreira, natural de Asturias, nacido o día 11 de xuño de 1961, fillo de César e Carmen, con DNI número 10.601.277, sen domicilio fixo, para que no prazo de dez díaz, contados a partir do seguinte ó de publicación desta requisitoria no Diario Oficial de Galicia, compareza ante este xulgado para cumpri-la pena de cinco días de arresto menor que lle foi imposta en sentencia firme de data 27-9-1994.

Ordénase e encárgase a tódalas autoridades e ós funcionarios da policia xudicial que en canto teñan coñecemento do paradoiro do citado penado procedan á súa presentación ante o organismo xudicial correspondente.

Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e catro. A maxistrada xuíza. Asdo.: Leonor Castro Calvo.

E para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e sirva de citación e requirimento ó penado José César Moar Carreira, expido esta requisitoria en Santiago de Compostela o doce de decembro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario xudicial

Rubricado