Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 234

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1994 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 49/1994 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional, do 27 de febreiro de de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o art. 39.3 da Lei 11/1983, de reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que han de xulga-los concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño.

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que ha de xulga-lo concurso de méritos convocado por Resolución do 3 de outubro de 1994 (BOE do 25 de outubro).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, a contar desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 16 de decembro de 1994.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: comercialización e investigación de mercados.

Praza número: 49/1994.

Comisión titular:

Presidente: Casado Juan, Fernando. Catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Secretario: Vázquez Casielles, Rodolfo. Catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Vocais:

Trespalacios Gutiérrez, Juan Antonio. Catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Polo Redondo, Yolanda. Catedrática de universidade. Universidade de Zaragoza.

Varela González, José Antonio. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Comisión suplente:

Presidente: Martín Armario, Enrique. Catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Secretario: Martín Davila, Miguel. Catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais:

Díez de Castro, Enrique Carlos. Catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Alonso Rivas, Javier. Catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Muñoz Gallego, Pablo Antonio. Catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.