De conformidade coa proposta elevada pola comisión para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universiade do 30 de xuño de 1994 (BOE do 27 de xullo), para a provisión da praza núm. 94/O40 de catedrático de universidade da área de coñecemento de historia moderna (departamento en constitución) desta universidade, a favor de Baudilio Barreiro Mallón, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o apartado 2 do art. 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo art. 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Baudilio Barreiro Mallón catedrático de universidade da área de coñecemento de historia moderna (departamento en constitución) desta universidade.
A Coruña, 9 de decembro de 1994.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña