Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 204

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do Decreto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52.356).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e conductor RHV de 150 mm, de 360 m de lonxitude, con orixe na liña Padrón-Pontecesures, tramo I e remate no C.T. Matanza (expediente 2.159). Padrón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 30 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña