Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 204

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que se citan. (Expedientes números 58/1994, 59/1994, 60/1994, 61/1994 e 62/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Electra del Jallas, S.A., co enderezo na Praza da Constitución nº 17, Cee (A Coruña), para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións que seguen:

Expediente 58/1994: L.M.T. aérea a 20 kV, de 104 m de lonxitude, en LA-56 e C.T. de 160 kVA, a 20 kV-B2, no lugar de Brión. Concello de Outes.

Expediente 59/1994: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 240 m de lonxitude, con conductor RHV de 3(1x95 mm) Al e C.T. de 400 kVA a 20 kV-B2, no lugar de Acea. Concello de Muros.

Expediente 60/1994: L.M.T. aérea a 20 kV, de 40 m de lonxitude, en LA-56, e C.T. aéreo de 150 kVA a 20 kV-B2, no lugar de Vilar de Toba. Concello de Cee.

Expediente 61/1994: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 393 m de lonxitude, con conductor RHV de 3(1x95 mm) Al e C.T. de 400 kVA a 20 kV-B2, no lugar de Coido. Concello de Muxía.

Expediente 62/1994: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 500 m de lonxitude, con conductor RHV de 3(1x95 mm) Al e C.T. interior de 400 kVA en edificio Arrojo. Concello de Cee.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 18 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña