Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de decembro de 1994 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 2 de decembro de 1994, polo que se autoriza a transferencia da concesión definitiva para o seu funcionamento da emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia en Viveiro (Lugo), en favor da empresa Antena 3 de Radio, S.A.

O Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, na súa reunión do día dous de decembro de mil novecentos noventa e catro, adoptou un acordo polo que se autoriza a transferencia da concesión definitiva para o seu funcionamento da emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia en Viveiro (Lugo), en favor da empresa Antena 3 de Radio, S.A.

De acordo co disposto no artigo 14 e 10 do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, faise pública a citada autorización de transferencia de concesión definitiva.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1994.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Acordo do dous de decembro de 1994, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se autoriza a transferencia da concesión definitiva para o seu funcionamento da emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia en Viveiro (Lugo), en favor da empresa Antena 3 de Radio, S.A.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de febreiro de 1988, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 58, do 24 de marzo de 1988, mediante Orde do 17 de febreiro de 1988 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, outorgouse a concesión definitiva para o funcionamento da emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia en Viveiro (Lugo) a La Voz de Galicia, S.A., de acordo coa normativa aplicable, no que se fan consta-las características técnicas da citada emisora. Por Acordo do Consello da Xunta do 30 de setembro de 1994, ó que se lle dá publicidade mediante orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de outubro de 1994 (DOG nº 204, do 21 de outubro de 1994) autorízase a transferencia desta concesión a favor de Voz de Galicia Radio, S.A.

Francisco Ameijeiras Castro, actuando en representación da empresa concesionaria, e Manuel Castellón Leal, en representación da empresa Antena 3 de Radio, S.A., presentaron escritos nos que solicitaran que se autorizase a transferencia desta con

cesión a favor desta última para o que inclúen a documentación precisa que acredita o cumprimento dos requisitos previstos no artigo 4º do Decreto

156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regulan o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

De conformidade coa proposta elevada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública, logo de informe favorable da Secretaría Xeral de Comunicación, a teor do que se dispón no artigo 14º do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, e na disposición derradeira terceira, do Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, xa citados, o Consello da Xunta acorda:

1º) Autorizar que a empresa Voz de Galicia Radio, S A. tramite documentalmente a transferencia da concesión definitiva da emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia en Viveiro (Lugo), en favor da empresa Antena 3 de Radio, S.A., de conformidade coas disposicións contidas na Lei 31/1987, do 18 de decembro, no Real decreto 169/1989, do 10 de febreiro, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regulan o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e demais normativa aplicable.

2º) As características técnicas asignadas á citada emisora, así como as condicións da concesión serán as mesmas que se especifican na concesión orixinaria e que se recollen no acordo do 11 de febreiro de 1988 do Consello da Xunta de Galicia, publicado no DOG nº 58, do 24 de marzo de 1988.

3º) Unha vez acreditada documentalmente a transferencia que se autoriza, a empresa adquirente da concesión cumprirá os requisitos que se esixen na Orde do 1 de abril de 1986, que regula o procedemento que hai que seguir para inscribi-las empresas de radiodifusión no rexistro de empresas radiodifusoras en Galicia.